EIRADO

ECO agricultor Actualizado: 18 diciembre 2012
Eirado
  • 5.00 / 5 5
1 voto
Dirección Avenida Quiroga Palacios, 8 bajo
Localidad Santiago De Compostela
Provincia A CORUÑA

Eirado é unha sociedade cooperativa galega de consumo responsábel localizada en Santiago de Compostela. Constituímonos formalmente a principios do 2008, tras un período de xestación dalgúns meses. Podes consultar aquí os nosos estatutos. Desde finais do 2008 contamos cun local que compartimos con outras dúas asociacións situado na Avenida Quiroga Palacios 8, baixo.

Internamente estamos organizadas en unidades de consumo (casas) que xeralmente oscilan entre unha e cinco persoas cada unha. Só unha persoa de cada unidade de consumo ten que facerse socia, é como a «cabeza da casa», aínda que todas poden participar de igual maneira (mais de ter que tomar unha decisión por votación, cada unidade de consumo terá un só voto).

Hoxe en día temos pedidos quincenais de produtos que deben seguir os seguintes criterios de elección:

  • Proximidade. A procedencia dos produtos debe ser o máis próxima posible, evitando produtos considerados innecesarios que veñan de lonxe, ou que, sendo considerados necesarios teñan un equivalente local.
  • Produción responsábel. Todo o proceso de produción e/ou elaboración debe ser responsábel, exento de produtos químicos, manipulacións xenéticas, medicamentos, etc.
  • Temporalidade. Só se farán pedidos de produtos frescos que sexan de tempada.
  • Confianza. As relacións produtoras-consumidoras basearanse, sempre que sexa posíbel, na confianza mútua, polo cal non será un requisito imprescindíbel a posesión dun selo de produción ecolóxica.
  • Apoio. Priorizaranse pequenas producións e explotacións familiares fronte ás grandes explotacións, entendendo que son as pequenas as que teñen máis dificultades de ter unha saída competitiva no mercado e que por tanto precisan máis apoio.
  • Independencia. Tentarase fortalecer as persoas produtoras sen que se centren unicamente en Eirado como compradora, senón que se fomentará a diversificación de venda dos seus produtos a distintos entes consumidores, xa que entendemos a dependencia absoluta como algo negativo.
  • Prezo xusto. Pagarase un prezo adecuado polos produtos consumidos, prezo que será fixado polas persoas produtoras. O obxectivo é que as persoas que fan posible que ese produto chegue a nós podan vivir dignamente do seu traballo.
  • Teranse en conta as condicións de traballo e o respecto polos dereitos das persoas traballadoras coas que estabelezamos relacións comerciais.

Así mesmo entre os nosos fins podemos destacar:

  • A captación de recursos para o desenvolvemento de proxectos de comunicación e información á sociedade relacionados coa promoción do desenvolvemento sustentábel, do cooperativismo, do consumo responsábel e do comercio xusto.
  • O desenvolvemento de proxectos culturais, e de formación ou educativos, con especial incidencia á cultura e linguas galegas.
  • A defensa e promoción dos dereitos das persoas consumidoras e usuarias e promoción das condicións que fomenten a igualdade entre a muller e o home.

O noso traballo organízase cada quince días en asembleas abertas a todas as persoas que pertencen a unha unidade de consumo. É neste espazo onde tomamos todas as decisións importantes de forma conxunta. Estas asembleas funcionan tamén como punto de encontro e posta en común.

A nivel organizativo estruturámonos en comisións, algunhas son permanentes e outras créanse para dar resposta a necesidades puntuais, e todas elas están baseadas no traballo voluntario e non remunerado. As comisións permanentes de traballo son:

  • A Comisión de pedidos e produtoras: Encárgase de contactar coas/os produtoras/es e de realizar e xestionar os pedidos.
    (email: pedidos[arroba]eirado.org)
  • A Comisión de administración: Leva todas as cuestións administrativas e tributarias.
    (email: administracion[arroba]eirado.org)
  • A Comisión de comunicación: Coordina as relacións externas (con outras asociacións, redes etc.) e representa a Eirado cando é necesario.
    (email: comunicacion[arroba]eirado.org)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *