ZOCAMIÑOCA SOC. COOP. GALEGA

ECO agricultor Actualizado: 13 junio 2014
Zocamiñoca Soc. Coop. Galega
  • 5.00 / 5 5
1 voto
Dirección Rúa Castrillón, 9 - baixo esquerda
Localidad A Coruña
Provincia A CORUÑA
Teléfono 698 183 847

Zocamiñoca é unha cooperativa de consumo responsable na cidade da Coruña. Unha entidade sen ánimo de lucro, un proxecto de economía social no que as persoas somos o máis importante. Se queres profundizar sobre o cooperativismo (que é, constitución, legalidade, etc) pincha no seguinte enlace: Cooperativismo (Consello de cooperativas galegas).

As actividades, entre outras aínda por definir, que pretende desenvolver a cooperativa son as seguintes:

  • Educativas, divulgativas e formativas: charlas, obradoiros, medios de comunicación, punto de información no local, información e asesoramento dos produtos, visitas ás producións, etc.
  • Fomento de hábitos sostibles: redeseño do consumo, redución, reutilización, etc.
  • Autoabastecemento de produtos eco-lóxicos (compaxinando criterios de selección cuns prezos asequibles).
  • Tarefas colectivas (no campo, as propias necesidades do proxecto, etc.).
  • Participación en actividades de transformación social (redes, campañas, etc.).

 

Os principios ou valores fundamentais de traballo da cooperativa son os seguintes:

  • O consumo consciente e responsable, entendido como a toma de consciencia por parte das consumidoras de como as políticas de produción, distribución e consumo de alimentos, produtos e servizos afectan á comunidade local e internacional e a consecuente toma de responsabilidade para a transformación destas políticas nun proceso xusto e beneficioso para todas.
  • A economía social, entendida como o conxunto de axentes organizados (asociacións, cooperativas, organizacións…) nos que prevalece o interese xeral sobre o particular e nos que a toma de decisións realízase de modo democrático e participativo. Na economía social priman as persoas e o traballo sobre o capital.
  • A soberanía alimentaria: o dereito dos pobos a decidir sobre a produción, elaboración e consumo dos seus alimentos, produtos e servizos, recoñecendo e respectando especialmente a actividade e dereitos das mulleres.
  • A ecoloxía social, que é o estudo dos sistemas humanos en interacción cos seus sistemas ambientais, e na que tanto os dous sistemas como a súa interacción teñen a mesma importancia.
  • O custo enerxético: proponse un proceso de transformacion e de transición cara a outro modelo de consumo baseado nunha relación armónica co medio natural e social, que necesariamente pasa por iniciar procesos de decrecemento para diminuír o impacto ecolóxico que supón o actual modelo de produción, distribución e consumo.
  • A búsqueda de relacións directas entre persoas produtoras e persoas consumidoras e, polo tanto, o intercambio digno campo-cidade.
  • A dignificación do rural. Valoración, coñecemento e desfrute do medio rural e as persoas que nel desenvolven a súa actividade vital e profesional, recoñecéndoo como imprescindíbel para a vida humana. É necesario que desde unha perspectiva urbana se establezan dinámicas de aprendizaxe do entorno rural, fortalezan as relacións rural-urbano e se asimilen como propias as loitas en defensa do medio rural e os seus habitantes.
  • A transformación social. Enténdese como a transformación da sociedade actual fundamentada nos valores de competitividade, individualismo, xerarquía e desigualdade por unha outra sociedade baseada nos valores de solidariedade, colectividade, horizontalidade e igualdade. Esta transformación só pode ser  construída desde a participación colectiva e individual de todos os sectores de base da sociedade.
  • A xustiza social (incluída a xustiza Norte-Sur), que constitúe a necesidade de conseguir un reparto equitativo dos bens sociais. Nunha sociedade con xustiza social os Dereitos Humanos son respectados e as clases sociais máis desfavorecidas contan con oportunidades de desenvolvemento.

Todas este conxunto de ideas, non pretende ser un catecismo, senón un patrón de funcionamento, unha base sólida coa que revisar periódicamente o noso funcionamento.

As características que definirán o día a día do noso proxecto son:

  • O fomento da implicación das persoas integrantes da cooperativa.
  • O funcionamento horizontal e con base asemblearia.
  • O traballo baseado na confianza e na autonomía das persoas.
  • A tendenza a un proceso de grupo fluído, eficaz, ameno, positivo e cordial.
  • A austeridade voluntaria no emprego dos recursos.
  • Organizámonos en grupos de traballo e comisións especializados para ter unha mellor xestión da cooperativa. As persoas socias poderán participar de unha ou mais comisións ou grupos de traballo.
Cuándo y dónde se recoge: Miércoles, de 18:30 a 21:00

5 respuestas a Zocamiñoca Soc. Coop. Galega

  1. belen a dicho en 11 marzo, 2013

    Hola

    Estoy buscando sitios donde comprar productos ecologicos directamente al productor,sin intermediarios,donde puedo comprar?

  2. Buenos días,
    Busco algún sitio donde comprar productos ecológicos. Me gustaría saber si vosotros hacéis envíos semanales o tenéis algún local donde ir a comprar.Vivo en la zona de Fonteculler en A Coruña.
    Gracias anticipadas.

  3. Buenos días,
    Busco algún sitio donde comprar productos ecológicos. Me gustaría saber si vosotros hacéis envíos semanales o tenéis algún local donde ir a comprar.Vivo en Marques de Amboage 15006 A Coruña.
    Gracias anticipadas.
    Chelo

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *